O MUSEO DE PONTEVEDRA ACOLLERÁ O VINDEIRO XOVES O CONCERTO DO PIANISTA MARIO PRISUELOS
PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- No salón de actos do edificio “Fernández López” do Museo de Pontevedra, organismo autónomo da Deputación Provincial, ofrecerá o vindeiro xoves, día 19, ás 20 horas da tarde, un concerto o pianista Mario Prisuelos.
Nacido en Madrid, onde comeza os seus estudos musicais cos profesores Javier Alonso e Miguel Grande para proseguilos noutras cidades de España, trasládase a Austria para traballar co profesor Leonid Brumberg e conclúe a súa formación baixo a dirección do mestre Humberto Quagliata. Recibe de forma paralela os consellos de Phillip Dyson, Andrzej Jasinki e Alicia Larrocha.
Mario Prisuelos é invitado frecuentemente a festivais internacionais, como os de Milán ou o de piano de Feuchtwangen, incluído no aclamado Musikzauber Franken en Alemaña. Recentemente realizou unha xira con concertos e masterclasses por diversos países de Centroamérica.
Durante a temporada 2003-2004 realizou una xira de recitais por diversas capitais europeas baixo o título “De Bach a Khachaturian”, que comezou en Italia e rematou en Londres, xira que quedou rexistrada en CD co concerto grabado en directo na Fundación Juan March, producido baixo o selo Sonoris, emitido por Radio Clásica de Radio Nacional de España.
Moi cedo, presentouse coma solista coa Orquestra Sinfónica Chamartín, interpretando o concerto número 23 de Mozart, sendo desde entón habitual a súa colaboración tanto con orquestras como con grupos de cámara, destacando neste último apartado su actividade camerística, coa que desenvolve unha intensa actividade de difusión da música contemporánea.
Mario Prisuelos acaba de lanzar ó mercado o seu último CD co título “Música española para piano: do Barroco ó presente”, cuxo repertorio será presentado na temporada 2009-2020 no emblemático Carnegie Hall de Nueva York. Entre os seus proxectos inmediatos figuran os concertos no Zagreb e a xira por Croacia e Eslovenia, París, Roma e México, así como a súa posterior presentación coa versión integral de “Goyescas” de Enrique Granados en salas de Gran Bretaña, Francia, Polonia e Estados Unidos.
Programa do concerto
No concerto que Mario Prisuelos ofrecerá no Museo, baixo o título “La música española del Barroco al presente”, interpretará as seguintes composicións: “Sonata en Re menor SR 104” e “Sonata en Re maior SR 84”, de Antonio Soler; “Balada op. 29 en Si maior «La noche»”, de Marcial del Adalid; “Asturias (Leyenda)”, de Isaac Albéniz; “Quejas o La maja y el ruiseñor (Goyescas)”, de Enrique Granados; “Serenata andaluza”, de Manuel de Falla; “Orgía (Danzas fantásticas)”, de Joaquín Turina; “Dos impresiones tristes (Pájaro triste y Secreto)”, de Federico Mompóu; “Soleá”, de Tomás Marco; “Invernal (Canto, movimiento, coral, marcha, coda)”, de Mario Carro, y “Cartas a la oscuridad (Allegreto, allegro, andantino, presto)”, de Consuelo Díez.