VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O Pleno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe o Plan Provincial de Cooperación (PPC) que suporá unha inversión de 6,5 millóns de euros en 85 obras nos concellos da provincia.
Os traballos incluidos no PPC do ano 2009 foron seleccionados polos propios concellos e na súa maioría están destinados a cubrir servizos básicos municipais. Os concellos que participan no Plan Provincial de Cooperación son tódolos da provincia con poboación inferior a 50.000 habitantes (todos, menos Vigo e Pontevedra).
O reparto da cuantía económica que percibirá concello fíxose en base a un módulo fixo para todos (30.000 euros) e outro, proporcional tendo en conta a poboación de dereito e a superficie municipal.
Para a financiación do plan, o Estado aporta 2,7 millóns de euros, a Deputación de Pontevedra 2,2 e os propios concellos 1,5 millóns.