04 febrero 2009

Quintana recomienda a Feijoo que pierda el miedo escénico y vaya a todos los debates

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O candidato do BNG á presidencia da Xunta, Anxo Quintana, asegurou hoxe en resposta ás perguntas dos xornalistas que “aos debates hai que ir por principios, non por cálculo electoral. É un dereito dos cidadáns, non dos partidos políticos”.
“Os cidadáns teñen dereito a escoitar e ver aos líderes políticos presentar as súas propostas”, continuou, “creo que os partidos políticos estamos obrigados a debater. Non pode ser unha elección nosa, é unha obriga democrática e por iso sempre asistín aos debates aos que se me convocou e asi o vou facer nesta campaña”.
“Non podo entender o medo do señor Feijóo a debater”, indicou, “a non ser que o único medo que teña sexa a perder, pero en democracia, gáñase só con ir ao debate, cando se perde é cando non se vai”. De aí que o líder nacionalista pedise a Feijóo “que perda ese medo escénico a perder e acuda aos debates porque é unha obriga. Que deixe de pór excusas de mal pagador porque o que é necesario é cumprir coa democracia e cos cidadáns”.
Neste sentido, Quintana desexou que “o PP non chegue unha vez máis tarde á historia porque está acostumado a chegar sempre tarde, como fixo co voto emigrante. Agora quer cambiar o método de votación do voto emigrante despois de inventalo”.
“Que non cometan o mesmo erro cos debates”, recomendou, “porque algún día terán que ir e ese día cando vaian acabarán por ir perdendo antes de empezar”.