VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Deputación de Pontevedra iniciou onte o pintado de 26 estradas da rede provincial das comarcas de Louriña, Condado-Paradanta, e Vigo, nas que se investirá unha cantidade total de 81.800 euros.
As primeiras actuacións, que están a consistir fundamentalmente na sinalización vertical e horizontal e no repintado das liñas, teñen lugar nas estradas Mos-Puxeiros, Peinador Louredo, e Puxeiros-E.P. Meixoeiro-Cuvi, na estrada Mos-Vigo.
Logo de rematar estas actuacións, realizaranse traballos nas estradas de Gondomar-Chaín, Porriño-Mosende, Tomiño-Sabarís, no lugar de Borreiros, Ponteareas-As Neves (Meder), Tortoreos-Estación (As Neves), Mondariz-Meirol, Meirol-Enlace Autovía, Ponte do Val-Barciademera (Mondariz-Covelo) e Covelo-Paraños.
Posteriormente, acometeranse as pertinentes melloras sobre as estradas de Ponteareas-As Neves, Ponte do Val-Barciademera, Cañiza-Arbo, Cañiza-Pousa, Maceira-Avión (Covelo), Maceira-A Graña, Berducido-Laxe (A Lama), Ponteverdugo-Cambeses-Barcia, Pazos-Hermida, Pazos-Borbén, Fornelos-Ventín, Redondela-Ventosela, Redondela-A Portela e Ríofrío-Vilar (Mondariz).