11 febrero 2009

Incendio en Salceda, con 3 personas intoxicadas que tuvieron que ser internadas en Vigo

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O Servizo de Urxencias Sanitarias 061-Galicia atendeu un total de cinco accidentes de tráfico e outras 178 urxencias entre as 00:00 horas e as 14:00 horas de hoxe. Ademais das actuacións de accidentes de tráfico, o 061-Galicia acudiu a 178 chamadas de urxencias que mobilizaron recursos, e rexistrou 331 consultas telefónicas. O máis salientable:
-Ás 1:29 a Central de Coordinación de Chamadas do 061-Galicia recibiu un aviso dun incendio no concello de SALCEDA DE CASELAS, na avenida de Galicia. Para atender as vítimas que atopábanse desaloxadas, Urxencias Sanitarias de Galicia mobilizou unha ambulancia asistencial, que logo dunha primeira asistencia, trasladou por inhalación de fume ao PAC a catro persoas, a un varón de 36 anos, D.A.D.G; a un varón 29 anos. R.C. H.; a unha muller 28 anos, M. G.L. e a un varón 77 anos, F.F.C. Posteriormente, as tres últimas persoas foron trasladadas ao Complexo Hospitalario Universitario Xeral de Vigo.