MOAÑA/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).-O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, recibiu hoxe no Pazo Provincial ó patrón maior da confraría de Moaña, Manuel Pena, que acudiu á institución provincial en busca de apoio para a construción dunha fábrica de xeo no municipio.
En verbas do patrón maior, “esta infraestrutura que viñemos a solicitar, tan necesaria xa que evitaría que tivésemos que desprazarnos continuamente a Cambados para o subministro de xeo, suporía un investimento total de 400.000 euros, dos que a Deputación se comprometeu a aportar unha porcentaxe coa que se sufragará parte desta actuación”.
“Estamos moi satisfeitos co acordo acadado, xa que é unha necesidade fundamental. Alí somos poucos e non podemos facerlle fronte a este gasto, por iso esta axuda é moi importante”.

“Outro dos motivos polo que viñemos”, aclarou Pena, “era para solicitar tamén unha furgoneta para a confraría de pescadores dentro do programa de entidades sociais e deportivas, e o presidente comprometeuse a que nos facilitaría un vehículo en canto fose posible, se non desta primeira quenda de 40 adxudicados, da segunda que está por adxudicar”.
Por último, concluíu o patrón maior da confraría de Moaña, “a Deputación vai estudar distintas axudas para colaborar con nós na plantación da semente para as mariscadoras e para os mariscadores a flote para cultivar en batea de pre-engorde, de momento non especificou unha cantidade, pero en canto se coñezan os orzamentos se definirá a contía coa que nos poderá axudar”.