CANGAS (MORRAZO-tribuna).- O vindeiro Martes 10 de Febreiro ás 20:30h terá lugar na sede de FECIMO unha nova xornada informativa dentro do seu Ciclo de Conferencias: Solucións para un futuro máis competitivo, que levará por título: Presentación de novas liñas de axuda do IGAPE e Caixanova, e contará coa presenza de relatores por parte destas dúas entidades.
O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) ten como principais obxectivos fomentar a creación de novas empresas, promover a mellora da produtividade e competitividade das sociedades xa asentadas na Comunidade Autónoma, atraer investimentos foráneos e facilitar a internacionalización do tecido produtivo. Así mesmo, promove as actuacións de cooperación e os proxectos colectivos, liderados por agrupacións empresariais, para facer posible un efecto multiplicador na xestión dos recursos públicos.
Pola súa parte, Caixanova xestiona a financiación que necesiten as Pemes, comercios e autónomos galegos para darlle un impulso ó seu negocio.
Os relatores encargados de presentar estas liñas de axuda serán: D. Carlos Silva Liste, Subdirector de Información Especializada de IGAPE, e D. Ramón Fernández Álvarez, Director de Zona Morrazo Caixanova.
Nesta conferencia explicaranse con detalle as axudas directas e financieiras do IGAPE para as empresas galegas e pola parte de Caixanova presentaranse os tres programas de financiación que están a poñerse en
marcha:
• Programa de Apoio ó Circulante.
FEDERACIÓN DE COMERCIANTES E INDUSTRIAIS DO MORRAZO
Avda. Vigo, 91 – Baixo 36940 CANGAS Telf: 986305000 Fax: 986305206 e-mail: fecimo@fecimo.es
• Programa de Refinanciación de Pasivos
• Programa de Ampliación do Capital.
Os sectores incentivables son:
• Pesca e acuicultura
• Industrias extractivas
• Industria agroalimentaria
• Industria manufactureira
• Construcción
• Comercio; venta e reparación de vehículos de motor
• Turismo
• Transporte
Dende FECIMO, ante a importancia de tal conferencia e a actualidade do tema “financiación e relacións coas entidades bancarias” invítase a toda aquela persoa interesada a que se achegue á sede da federación o
martes día 10 de febreiro ás 20:30h, previa confirmación de asistencia no seguinte correo electrónico: secretaria@fecimo.es, dado que o aforo é limitado.