05 febrero 2009

O Partido Popular impide a creación dunha comisión de investigación pola xustificación da revista “Soberosum”

PONTEAREAS (MORRAZO-tribuna).-A proposta do BNG para crear unha comisión de investigación para que se aclare o acontecido coa xustificación da publicación da revista “Soberosum”, foi rexeitada pola maioría do Partido Popular, no Pleno Ordinario celebrado a semana pasada. “O PP impide, unha vez máis, aclarar o gasto de 9.000 euros, xustificado polo goberno municipal en outubro de 2007 para percibir unha subvención da Consellaría de Cultura, por unha publicación que un ano despois aínda estaba sin publicar”, declarou Bolívar González, portavoz municipal do BNG.

Anteriormente, o concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro xa se negara a contestar, todas aquelas cuestións relacionadas co expediente de publicación da revista “Soberosum”. Os nacionalistas lamentan, o intento do PP por ocultar a sua actuación para evadir as responsabilidades da incapacidade de xestión que xa é habitual.
Bolívar González defendeu a necesidade de crear a comisión pola gravidade de enganar na na xustificación dun gasto co diñeiro de todos, sabendo que non estaba realizada tal publicación e polo tanto tratando de enganar a outra administración, neste caso a Consellería de Cultura.

O portavoz do BNG pedíu aos veciños que tomen nota “da actitude antiveciñal e escurantista do PP. Os nacionalistas informarán aos colectivos soicais e culturais destas irregularidades