VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O número dous do BNG pola provincia de Pontevedra, Henrique Viéitez, salientou a vontade do Bloque de seguir traballando conxuntamente coa Federación Veciñal “Eduardo Chao” de Vigo. Viéitez así o expresou durante o encontro que tanto el como a número 3 por Pontevedra, Carme Adán, mantiveron coa permanente da FAVEC, que se enmarca na rolda de contactos que a candidatura do Bloque Nacionalista Galego está a manter con entidades sociais e sindicais da cidade.
“Dende o BNG queremos trasladar á Federación Veciñal o recoñecemento da laboura que vén desenvolvendo nos diversos ámbitos nos que a entidade ten presenza”, explicou Henrique Viéitez quen salientou que o Bloque Nacionalista Galego sempre ten tido un estreita relación cos movementos veciñais e asociativos. Neste sentido, o candidato nacionalista indicou que o BNG sempre ten demostrado a súa disposición para traballar conxuntamente cos diferentes colectivos sociais, o cal, ao seu xuízo, resulta sumamente necesario na actualidade para afrontar a crise económica.