04 febrero 2009

Reunión de Táboas con empresarios do sector do transporte para escoitar as súas demandas e presentar as propostas do BNG

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A candidata número 1 do BNG, Teresa Táboas, mantivo unha reunión esta tarde con empresarios do sector do transporte de pasaxeiros por estrada. A representante nacionalista transmitiulle ao sector as propostas dos nacionalistas, entre as que destaca a da creación dun Plano Integral de transporte público de pasaxeiros por estrada que contemple o transporte urbano, metropolitano e interurbano.
Asistiron tamén ao encontro por parte do BNG a pontevedresa Carme da Silva, candidata número 5, o alcalde nacionalista da cidade, Miguel Fernández Lores e Guillerme Vázquez, concelleiro responsábel da área de transporte, quen transmitiron o compromiso desta forza política co transporte público. “Un transporte colectivo eficaz e accesíbel é fundamental para gañar en independencia, e autonomía para numerosos colectivos e sectores da sociedade, polo que tamén constitúe un elemento de cohesión social fundamental para a construción dunha sociedade máis xusta”, asegura Táboas.