05 octubre 2009

Feijóo aprovecha su visita a DURAO BARROSO para pasarle la boina como quien no quiere la cosa...


Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, defendeu hoxe ante o presidente da Comisión Europea, Durao Barroso, os intereses de Galicia nos sectores lácteo e pesqueiro, ademais do levantamento ao veto da construción civil naval na ría de Ferrol. No encontro celebrado este tarde en Bruxelas Alberto Núñez Feijóo lle propuxo a Barroso un sistema de “aterraxe suave” no reparto dos fondos europeos, unha proposta na que Galicia traballa xunto con outras 15 rexións europeas. A reunión serviu, ademais, para que o titular da Xunta invitase ao presidente da CE a visitar Galicia con motivo do Xacobeo 2010, proposta de Barroso aceptou.

“Teño a esperanza de que haxa posibilidade de éxito nos grandes temas”, salientou o presidente galego á saída da xuntanza. Así, Feijóo explicou que lle trasladou ao presidente da Comisión unha proposta para o novo escenario que se abrirá cos orzamentos da UE a partir de 2013; un plantexamento que ten co obxectivo que se produza un “aterraxe suave” nas rexións que deixarán de ser obxectivo número 1 dos fondos de cohesión.

“Estamos traballando 16 rexións do conxunto da UE, entre elas o norte de Portugal, para plantexar formalmente que Galicia e as outras rexións non perdan de forma abrupta os fondos que están percibindo nos presupostos 2009-2010”, salientou o presidente galego, quen valorou a resposta de Barroso. “Voume contento de que o presidente da Comisión se mostrara como un firme defensor dos fondos de cohesión; porque, aínda que sexa unha decisión dos estados membros, que o presidente da Comisión vexa con bos ollos que as rexións que eran obxectivo 1 non perdan de forma abrupta os fondos é unha moi boa noticia”, afirmou. Feijóo sinalou, ademais, que Durao Barroso felicitou á delegación galega por anticiparse á elaboración dos presupostos.

Así, o presidente galego salientou que “non é lóxico” que zonas que percibiron estes fondos durante máis de 20 anos os perdan de forma repentina, e pediu o apoio do Goberno de España. “Eu espero que o Goberno de España apoie a Galicia e a outras rexións como Andalucía ou Estremadura; polo ben de España e dos recursos públicos destas autonomías”, engadiu.

Unha mesa de traballo permanente para o sector lácteo
O presidente da Xunta tratou con Durao Barroso o difícil momento polo que atravesa o sector lácteo da Comunidade, con prezos que non cobren os custos de produción. “Coñece o tema e plantexou a posta en marcha dunha mesa de traballo, de reflexión, case permanente dos ministros dos estados membros”, salientou Feijóo.

No tocante á construción civil naval, Barroso trasladoulle ao xefe do Executivo autonómico que se trata dunha cuestión que a presidencia de España da UE debe plantexar de forma oficial, polo que o primeiro semestre de 2010 será clave. “Adelantounos que era fundamental a presenza de España, a acción diplomática española durante a Presidencia europea e que, como presidente da Comisión, está disposto a estudar calquera plantexamento que se poña enriba da mesa para buscar unha solución a esta cuestión”, afirmou.

Compromiso co sector da conserva tras a baixada dos aranceis
O presidente galego tratou con Durao Barroso o próxima negociación da política pesqueira común e a necesidade de que Galicia contribúa na súa elaboración. Ademais, Feijóo e Barroso trataron dun xeito específico os problemas do sector conserveiro tras a baixada de aranceis en países como Papúa- Nueva Guinea. “Trátase dun país que sen dúbida hai que axudar, pero debemos ser moi cautelosos na baixada de aranceis para evitar que outros países como China e Tailandia o poidan aproveitar para acceder á UE”, explicou Feijóo.

Neste sentido, o presidente galego recibiu de Barroso o compromiso de que a UE “estará moi atenta para que non se produzan estas distorsións”. “Plantexou, ademais, a posibilidade de que Papúa- Nueva Guinea poña a disposición dos barcos españois e galegos novos caladoiros. É dicir, que a baixada de aranceis se compense con novos caladoiros neste país”

Invitación para o Xacobeo 2010
O presidente galego comentou, por último, que formulara ao presidente da Comisión Europea unha invitación formal para visitar Compostela e Galicia o vindeiro Xacobeo 2010. “Galicia tense que converter nunha gran capital europea”, remarcou Feijóo, quen avanzou que Durao Barroso aceptou a invitación, “con independencia dos foros de ministros que se poidan celebran en Galicia polo Ano Santo”.