VIGO (MORRAZO-tribuna).- Os representantes da Comisión Promotora da Inciativa Popular para a creación da Área Metropolitana de Vigo manterán nos vindeiros días unha serie de encontros cos Alcaldes e representantes políticos dos Concellos que compoñen a Área Metropolitana:
- Mércores 17 de setembro
Xuntanza co Alcalde de Moaña: Xosé Manuel Millán ás 19.00 h. no Concello de Moaña.
- Xoves 18 de setembro
Xuntanza co Tenente Alcalde de Vigo: Santiago Domínguez ás 9.30 h. no Concello de Vigo.
Xuntanza cos representantes do Grupo Popular de Vigo ás 10.00 h. no Concello de Vigo.
Xuntanza co Alcalde de Nigrán: Efrén Juanes ás 12.00 h. no Concello de Nigrán.
- Venres 19 de setembro
Logo de recibir a FAVEC (Federación de Asociacións de Veciños de Vigo) o luns en torno ás 9.00 h. unha chamada de Alcaldía citándo para manter unha xuntanza con Abel Caballero para este venres ás 10.00 h. no Concello de Vigo, este mesmo departamento acaba de desmentir tal citación, polo que non se producirá este encontro.
Este mesmo martes a Comisión Promotora presentou en Santiago toda a documentación exixida polo Parlamento para dar vía libre á Iniciativa Popular que promoverá a creación da Área Metropolitana de Vigo. Deste xeito comeza agora a fase de contactos e xuntanzas para recabar os apoios dos diferentes Concellos, que xa comezou o pasado mércores 10 de setembro co Alcalde de O Porriño: Raúl Francés Rodríguez
A Comisión Promotora agarda que estes apoios contribúan de forma decisiva a poñer de relevo a urxente necesidade de lexitimar esta área así como a recabar as 15.000 firmas precisas para iniciar o trámite parlamentario para a súa aprobación, según manifestou Elena González, presidenta da FAVEC.