06 noviembre 2008

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA INVESTIU UN MILLÓN DE EUROS, O 7% DO PRESUPOSTO PROVINCIAL PARA ESTRADAS, EN SISTEMAS PARA PROTECCIÓN DE MOTORISTAS


VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- Deputación de Pontevedra adicou, ó longo deste exercicio, un millón de euros á instalación, na rede provincial de estradas, de sistemas de contención para protección de motoristas. Ou, o que é o mesmo, o 7% da cantidade total das inversións do organismo provincial en estradas, 14 millóns de euros.
O dato foi dado a conocer hoxe na xuntanza que mantivo o presidente da Deputación, Rafael Louzán, co presidente da Plataforma de Moteros pola Seguridade Vial, Manuel Picón Sánchez, e con representantes dos clubes 36600 de Vilagarcía de Arousa, do Moto Clube de Sanxenxo, Pontus Veteris e outros.
O obxecto da xuntanza foi estudiar e coordinar accións neste eido da institución provincial pontevedresa para o vindeiro ano e determinar algúns puntos susceptibles de instalar viondas, barreiras e sistemas de protección na rede provincial.
A Deputación de Pontevedra xa instalou estes dispositivos de protección na estrada Carracedo-Catoira (saida da AP-9) por un importe de 307.145 euros. Instalaronse barreiras de seguridade tipo BMSNA4/120 de aceiro laminado e galvanizado en quente, de tres milímetros de espesor, con postes metálicos cada 4 metros tipo C-120, de 1,50 metros de lonxitude, e tamén sistemas de protección de motociclistas en barreira metálica de seguridade, de 1,8 milímetros de espesor e 4 metros de lonxitude útil.
Nas vindeiras semanas vanse instalar barreiras de contención e sistemas semellantes, dacordo coa normativa vixente, xa adxudicados para estradas da zona norte (por un importe de 215.000 euros), da zona sur (215.000 euros) e da zona centro (170.000 euros).