19 noviembre 2008

J.E. SOTELO VISITA VARIAS ZONAS DE CANGAS E BUEU CO DIRECTOR PROVINCIAL DE INFRAESTRUTURAS

CANGAS/BUEU (MORRAZO-tribuna).- O deputado provincial do Morrazo, José Enrique Sotelo, visitou onte a mediodía, acompañado do director xeral de infraestruturas da Deputación, Agustín Hernández, varias zonas de Cangas e Bueu para supervisar persoalmente o estado de varios viais conflitivos.
En Cangas, na parroquia de Coiro, deputado e técnico revisaron o problema de pluviais que presenta un tramo da estrada provincial, e, así tamén, plantexaron a mellora da seguridade nos pasos de peóns de Coiro e de Aldán, á altura da Baixada á Menduiña.
En Darbo, Sotelo e Hernández, acudiron ata a curva do Palomar, onde se cedeu un terreo para corrixir a problemática de seguridade. Pola súa banda, en Bueu se revisaron dúas zonas, a da Portela, na estrada que une o parque empresarial con Beluso e a da baixada ó cementerio.