16 diciembre 2008

A Festa do Servizo de Axuda no Fogar será mañá no Colexio Hogar con actuacións e reparto de agasallos

VIGO (MORRAZO-tribuna).- O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, participarán mañá na Festa de Nadal que celebrará o Servizo de Axuda no Fogar. Neste encontro participarán os usuarios do servizo e as persoas que o prestan. O acto comezará ás 17 horas e se prolongará ata ás 20 horas con diversas actuacións musicias e reparto de agasallos.

Con esta iniciativa, que se desenvolverá mañá no Colexio Hogar dende ás 17 horas, a Concellería de Benestar Social quere fomentar o establecemento de relacións entre os usuarios e usuarias do servizo así como ofertar a posibilidade de facer unha saída na que poidan gozar dun momento de lecer coa animación de actuacións musicais. Así, o acto dará comezo coa actuación das Pandereteiras San Paio, ás 17:15 horas. Posteriormente, ás 17.45 horas está prevista a actuación do grupo de baile galego de Lavadores “Froles Novas“ e ás 18:15 o concerto do grupo de guitarras “Los Bohemios”, do Centro Social de Coia. A partir das 18:45 horas celebrase a merenda de Nadal e ás 20:00 horas rematará a festa tras a entrega de agasallos navideños a todas as persoas participantes.