MUROS (MORRAZO-tribuna) .- A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos está apoiando o proxecto de reconstrución do balandro “Joaquín Vieta” para a creación dunha aula flotante a bordo do mesmo, na que se realizarán obradoiros e exposicións vencellados á tradición mariñeira galega, fundamentalmente á da Ría de Muros e Noia. Esta actividade enmárcase nas axudas para a realización de proxectos de promoción sociocultural convocadas pola Administración pesqueira galega para acadar unha actividade responsable, así como para lograr unha maior valoración social dos traballadores do mar e para incidir na súa formación a través dunha participación activa.
O proxecto presentado pola Asociación Joaquín Vieta persegue a recuperación do balandro do mesmo nome, unha embarcación de máis de 90 anos de antigüidade que sempre estivo vencellado á Ría de Muros e Noia. O eixo central desta iniciativa é reconstruír o barco para convertelo nunha aula flotante que sexa centro de aprendizaxe permanente dos valores marítimos e medioambientais do mundo do mar.