23 septiembre 2009

Se observa : PP y PSOE no están por transferir la competencia de aeropuertos a Galicia...

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- Os dous grupos maioritarios da Cámara, PP e PSOE opuxéronse este serán á proposta do deputado do BNG, Francisco Jorquera, de creación dun órgao concertado dos tres aeroportos galegos no que participe a Xunta, cunha posición determinante, o Estado, os concellos e axentes sociais e económicos.

O BNG procurou o acordo até o punto de substituir o traspaso da competencia pola creación dun órgao de Xestión Concertada dos aeroportos galegos

Os demáis grupos parlamentares da Cámara respaldaron a moción do BNG sobre a xestión dos aeroportos galegos que foi debatida e votada este serán no Congreso. Jorquera explicou que o BNG se esforzou por chegar a un acordo cos dous grupos maioritarios desta Cámara, até o punto de “substituir a referencia ao traspaso de competencias á Xunta polo compromiso de crear un órgao de Xestión Concertada do sistema aeroportuario, no que participe a Xunta cunha posición determinante, a Administración do Estado, os concellos e axentes sociais e económicos.

Críticas ao PP: “non teñen vontade de que Galiza se corresponsabilice. Din unha cousa na Galiza e outra en Madrid”.

O deputado do BNG lamentou a imposibilidade de chegar a un acordo e afirmou que “non será o BNG o que teña que explicar por que”. Reprochou ao PP que o Presidente da Xunta propoña un modelo que conciba os tres aeroportos galegos como si fosen un único con tres terminais, e “ ao mesmo tempo non teñen vontade de que Galiza se corresponsabilice cunha posición determinante na xestión dos mesmos”. “Está claro que unha cousa é o que se dí na Galiza e outra moi distinta a que se fai en Madrid”, aseverou.

Críticas ao PSOE: “xogan a marear”

Tamén criticou ao PSOE porque “terá que explicar en que vai consistir o novo modelo de xestión, se logo teñen tanta resistencia a emitir un sinal de que hai vontade de avanzar cara un modelo de xestión concertada”. E advertiu que “moito nos tememos que o tan cacareado Comité de Rutas non resposte a outra intención que xogar a marear. A concepción da política como sacar coellos da chisteira para ter un titular xornalístico”. E advertiu que non pode haber política aeroportuaria integral en Galiza “se non é desde a corresponsabilización”.

As propostas do BNG para mellorar a xestión dos aeroportos galegos

Na súa intervención no Pleno, Jorquera lembrou que a forte caída que experimentaron os aeroportos galegos no último ano e medio non só e froito da crise económica, senón que os aeroportos de Galiza “sofren tamén a crecente competencia do aeroporto Sá Carneiro de Porto, que se beneficia dos problemas estruturais dos nosos aeroportos para facerse cunha crecente carteira de clientes da nos Comunidade”.

Asemade, subliñou que os tres aeroportos galegos padecen unha escasa variedade de destinos e escasa complementariedade de rutas pese á cercanía entre sí. E por riba, recalcou, “case a metade dos voós con orixe en Galiza teñen como destino Madrid. Circunstancia que fai que sexa máis barato e rápido ir a Porto a coller un voó europeo ou intercontinental”.

Lembrou que no debate a semana pasado co Ministro de Fomento, José Blanco anunciaba a creación dun Comité de Desenvolvemento de Rutas coa participación do Ministerio, da Xunta, dos concellos, e da Confederación de Empresarios e Cámaras de Comercio.
“Congratulámonos de que a iniciativa do BNG servise para dar este paso, pero que consideramos insuficiente”, aseverou o deputado do BNG, quen afirmou que para resolver os problemas estruturais dos aeroportos galegos é preciso un “cambio no modelo de xestión”.

Jorquera reclamou un modelo de xestión que atenda ás necesidades de Galiza, que aposte por estas infraestruturas como pilares de desenvolvemento económico e social, e que atenda á vertebración territorial do noso pais. O deputado do BNG salientou a necesidade dun modelo de xestión que conciba aos aeroportos de A Coruña, Santiago e Vigo, como partes dun sistema integrado, fomentando a especialización e complementariedade dos seus aeroportos, e que non “se lles conciba como satélites do gran nó aeroportuario central que é Barajas”.

Por iso, a planificación e xestión deben recaer nas Administracións máis próximas.