23 septiembre 2009

El PP quiere apretarle las tuercas a Pilar Pin por una supuesta excursión a Brasil

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-O PPdeG considera lamentable que a Directora Xeral da Cidadanía no Exterior, Pilar Pin, viaxe durante 10 días a Brasil utilizando como excusa o velar pola asistencia sanitaria dos emigrantes españois, unha situación resolta no país desde 2002, cando verdadeiramente se viviron situacións dramáticas de crises e estreiteces económicas en toda Latinoamérica. Foi entón o Goberno popular o que puxo en marcha os grandes programas na materia. Así, a visita de Pin non pode verse máis que como “unhas agradables vacacións no país a costa do erario público”, algo especialmente agravante nunha situación de recesión económica como a actual.

"Fronte ás verdadeiras accións en xestión sociosanitaria encabezadas polos populares, atopámonos coa limosna, axudas ridículas e meras promesas electorais do Goberno central. O PPdeG lamenta que estean moito máis interesados en verse retratados na imaxe de inauguracións extemporáneas, en lugar de corresponsabilizarse e acompañar o esforzo doutras administracións", explican los populares.

Desde o PPdeG quere coñecerse igualmente se, desde a súa nova responsabilidade, Pin fixo algún tipo de xestión respecto ao pago de contraprestacións sanitarias de brasileños en España, froito dun convenio de Seguridade Social bilateral.

Por iso é polo que, desde o Partido Popular de Galicia, esixirase á nova Directora Xeneral da Cidadanía no Exterior que dea conta de todas as súas actuacións.

Os populares esperan que a súa visita non teña que ver con algunhas prácticas levadas a cabo por Pin na súa época de responsable da Fundación Galicia Emigración, na que se repartían cheques asistenciais con criterios electoralistas.