23 septiembre 2009

Deputación se volcará en el apoyo de la infraestructura turística del Monte Tecla

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, comprometeu hoxe na súa entrevista co alcalde de A Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, o apoio da institución provincial para dotar de servizos ó emblemático Monte de Santa Tegra e para colaborar nun proxecto arqueolóxico e de instalación de audioguías, elaborado por uns profesores da Universidade de Vigo e outros especialistas e promovido polo Padroado Municipal Monte Tegra.
Según explicou Louzán, na actualidade o monte carece de servizos básicos de auga, saneamento e electricidade, a tal punto que uns bares e un hotel próximos utilizan fosas sépticas. O proxecto para dotar os servizos acada os 600.000 euros e afectaría a 3 kilómetros, si as toberías discurren próximas á estrada de acceso, ou a 1,8 si van pola ribeira dun regato.
O presidente provincial indicou que o organismo da Deputación, Turismo Rías Baixas, podería colaborar cos perto de 200.000 euros que percibe en concepto das visitas turísticas á zona. E sinalou que, a maiores desa cuantía, a Deputación tentará buscar a colaboración da Comunidade de Montes e da Consellería de Cultura.
Niste senso, aconsellou ó alcalde que o Concello fora solicitando os permisos pertinentes da Dirección Xeral de Patrimonio pois a Deputación colaborará decisivamente na realización do proxecto no marco de potenciar o vindeiro Xacobeo como fonte de recursos importante para a zona e para provincia nestes tempos de crise.
Louzán comprometeu tamén o apoio da Deputación para un proxecto arqueolóxico e de instalación de audioguías no Monte de Santa Tegra. Esta iniciativa enmárcase nun proxecto global, elaborado polos profesores da Universidade de Vigo, L. Castro López e F. Pérez Losada, a doctoranda E. Muñoz e o técnico A. Colmenero e promovido polo Padroado Municipal Monte Trega.
O devandito proxecto tén como finalidade primordial a reconstrucción virtual do sector sur do castro e a realización dunha audioguía do xacemento castrexo, tamén para discapacitados. Con él, preténdese revalorizar o xacemento e o seu valor patrimonial, que será un paso cualitativo importante para a musealización do conxunto do xacemento.
Na entrevista con José Manuel Domínguez, Louzán indicou que o Plan de Investimentos da Deputación podería acoller a construcción duns vestiarios, por uns 100.000 euros, no campo de fútbol do Sporting Guardés, no que a institución provincial xa fixo importantes melloras.
O presidente da Deputación indicou ó alcalde da Guarda, finalmente, que a institución provincial incrementará a axuda xa concedida de 10.000 euros ó Clube de Balonmán Feminino da Guarda con outros 3.000 euros en concepto de patrocinio dun partido.