24 septiembre 2009

Duro ataque del PP al lìder de los socialistas gallegos

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- Caliente está la cuestión política en Galicia. No hay más que leer el comunicado que emitió esta noche el PP de G, que no se anda por las ramas. Otra cosa es que tenga razón en todo lo que expone, pero en aras de respetar la libertad de expresión, lo reproducimos tal cual como sigue :


O líder do PSOE en Galicia acusou a Feijóo de aconsellar aos galegos que non paguen impostos. Falso. O que o PPdeG fai é aconsellarlle a él mesmo que pague o que debe e abandone as súas prácticas de posible evasor fiscal

O PPdeG califica de desvergoña que Vázquez se atreva a falar ante Feijóo de pagamentos de impostos antes de saldar as súas débedas fiscais

• Un presunto defraudador como é Vázquez debería ocuparse de pagar os seus propios impostos antes de criticar a postura de Feijóo en canto á devolución dos 1.900 millóns ao Estado

• Feijóo vela polos intereses dos galegos intentando evitar que non teñan que pagar os erros do Goberno central mentres que Vázquez só vela polos seus propios intereses e polos do PSOE

• O modelo urbanístico do PPdeG nada ten que ver co dos socialistas, xa que estes apostan por un urbanismo que evite que os cargos do PSOE paguen impostos e cumpran a lei

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2009.- O Partido Popular de Galicia califica de desvergoña que o líder do PSOE en Galicia, Manuel Vázquez, se atreva a falar ante o presidente da Xunta de pagamentos de impostos. Na sesión plenaria de onte no Parlamento, Manuel Vázquez acusou a Feijóo de aconsellarlles aos cidadáns que non paguen impostos por dicir que os galegos non tiñan a obrigación de pagar polos erros de Zapatero, en alusión á débeda de 1.900 millóns de euros que o Estado lle reclama á comunidade galega.

Vázquez equivócase. O que en realidade fai o PPdeG é aconsellar que se paguen os impostos que cada un debe, comezando polo mesmo Manuel Vázquez, a quen lle recomenda que lle devolva ao concello de San Amaro os case 12.000 euros de impostos que lle debe por acometer no seu pazo de San Amaro unha reforma de 600.000 euros. Os populares destacan que deses preto de 12.000 euros o socialista apenas pagou 80 polo que é inaudito que un presunto defraudador se erixa agora como o “cobrador do frac” de Zapatero, como ben o denominou Feijóo.

Os populares consideran, polo tanto, que o posible evasor debería ocuparse de pagar os seus propios impostos antes de criticar a postura de Feijóo en canto ao reclamo por parte do Estado dos 1.900 millóns de euros. O que fai o presidente é velar polos intereses dos galegos intentando evitar que non teñan que pagar os erros do Goberno central mentres que Vázquez o único que fai con absurdas acusacións dese tipo é intentar velar polos seus propios intereses, desviando a atención do seu fraude.

O PLAN URBANÍSTICO DO PPdeG, NADA QUE VER CO DO PSOE
Así mesmo, en resposta ás acusacións de Mar Barcón de que o Plan Urbanístico asinado entre Feijóo e a Fegamp é unha copia do proposto polo PSOE, os populares aseguran que nada teñen que ver o un co outro. Mentres o modelo urbanístico do PPdeG cumpre coa legalidade vixente e aboga polo cumprimento das leis por parte de todos e por igual, o modelo polo que aposta o PSOE é aquel que libra aos cargos socialistas de pagar impostos e de cumprir coa lei.

Un exemplo claro do modelo urbanístico que prefire o PSOE está no caso de Manuel Vázquez, que non dubidou en saltarse a normativa vixente para remodelar o seu pazo de San Amaro sen pagar apenas ningún imposto. Os populares defenden un urbanismo igual para todos; os socialistas defenden un no que os cargos do PSOE estén por encima do sistema e estén exentos de pagar impostos.