05 octubre 2009

Deputación hará mejoras en el Monasterio de Armenteira

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-O presidente da Deputación, Rafael Louzán, o alcalde de Meis, José Luis Pérez, e o arcebispo da Diócese de Santiago de Compostela, Julián Barrio, asinaron esta mañá un convenio co obxecto de acometer reparacións no mosteiro de Armenteira.

En virtude deste convenio a Deputación destinará un total de 215.510 euros para levar a cabo a primeira fase de rehabilitación, limpeza e tratamento da condensación do mosteiro, que presenta actualmente un notable estado de deterioro. As obras iniciais a executar afectarán á fachada principal e ás bóvedas do cimborrio do prebisterio e dos cruceiros norte e sur; tamén ó rosetón da fachada principal.

O concello de Meis, pola súa banda, encargarase de tramitar a lincenza municipal e a Diócese de Santiago levará a cabo o mantemento e conservación unha vez rematadas as obras.

Louzán sinalou que a finais deste mes dará comezo esta primeira fase das obras, que inclué tamén unha mellora dos accesos ó mosteiro, e a rehabilitación final concluirá nun horizonte relativamente curto, a finais do 2010, e cunha inversión total de 1,2 millóns de euros. Manifestou neste sentido o apoio comprometido pola Xunta de Galicia para a financiación final do proxecto.

O presidente sinalou que en tan só 3 meses máis de 12.000 persoas visitaron o convento e que máis do 80% dos visitantes eran de fóra de Galicia, uns datos que se desprenden das enquisas realizadas no propio punto de información turística instalado pola Deputación no entorno do templo.

Fixo referencia tamén o presidente ás melloras importantes de recuperación do patrimonio que está a acometer a Deputación, entre as que se encontran os pendellos de A Golada, Pontearnelas ou a mellora ós accesos ó mosteiro de Oia. En relación con este mosteiro manifestou a intención da Deputación de conseguir unha recuperación integral do mesmo, cos acordos e autorizacións pertinentes, pois actualmente se atopa en mans privadas.

Para rematar o presidente engadiu que a partir desta semana se vai proceder á sinalización na propia autovía do Salnés do enclave do mosteiro de Armenteira e fixo referencia, así mesmo, á próxima publicación por parte da institución provincial dun libro para recordar e documentar toda a historia do Mosteiro.