06 octubre 2009

Fuerte presencia gallega en la Feria Liber 2009 en Madrid

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-A XXVII Feira Internacional do Libro de Liber 2009 botou a andar hoxe en Madrid no que supón un dos eventos europeos mais importantes do sector. A Consellería de Cultura e Turismo asiste á Feira cun stand propio sito nun dos doce pavillóns nos que se executará a Feira e compartido coa Asociación Galega de Editores, no que están presentes un total de 24 editoriais galegas. A Feira Internacional de Liber prolongarase ata o 9 de outubro, no recinto feiral IFEMA e terá como país convidado a Rusia.

Os visitantes poderán coñecer as tendencias e últimas novidades do mercado a través de mesas redondas, coloquios, presentacións, conferencias, premios, exposicións e encontros empresariais. Desenrolarase un amplo programa de actividades no que se atopa integrado o stand da Consellería.

Os actos centrais da delegación galega terán lugar o xoves 8 de outubro. Data na que daranse cita os relatores invitados pola Consellería de Cultura e Turismo: Luisa Castro, Carlos G. Reigosa, María Canosa e Xosé Carlos Caneiro que participarán nunha mesa redonda o sobre Periodismo e literatura, na Sala 21 do recinto feiral de Ifema.

Mercados emerxentes
Promovido por la Federación do Gremio de Editores de España, Liber constitúese como a meirande plataforma de negocio da industria editorial española e latinoamericana e un punto de encontro para establecer contactos e descubrir todas as posibilidades que os mercados emerxentes internacionais ofrecen o seu negocio.

En Liber pódense coñecer as novidades do mercado e os títulos nacionais e internacionais do momento da man de máis de 700 editoriais e empresas de 16 países: empresa e entidades editoras, axentes literarios, distribuidores, empresas de artes gráficas, multimedia, asociacións profesionais ou empresas de servizos.

A iniciativa da Xunta de Galicia de apoiar presencialmente ao sector editorial e do libro, repetirase en Frankfurt do 14 ao 18 de outubro onde terá lugar a Feira Internacional do Libro.