05 octubre 2009

La polémica sobre la EOI se aviva por parte del BNG

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A portavoz de Educación do BNG

no Parlamento Galego, Carme Adán, ven de presentar unha iniciativa na que

denuncia os prexuizos que está a causar a Consellaría de Educación na Escola

Oficial de Idiomas de Vigo.

A deputada nacionalista advirte de que a Circular 5/2009 da Consellaría de

Educación pola que se ditan instrucións sobre o procedemento de admisión e

organización académica nas escolas oficiais de idiomas para o curso 2009/2010

“supón un claro retroceso para o ensino público de idiomas”.


Prexuízos para o profesorado e para o alumnado da EOI de Vigo

“Enviada aos centros durante o mes de xullo, sen contar coas aportacións dos

claustros e sen ter pasado pola Mesa Sectorial de Educación, esta circular

significa na súa práctica unha perda de calidade educativa”, advirte Carme

Adán.

En concreto, a deputada do BNG denuncia que a EOI de Vigo ten que soportar

“unha reducción do profesorado e a ampliación da carga lectiva dos

profesionais, co que se pon en perigo a diversidade curricular e a calidade das

ensinanzas especializadas de idiomas”.

Ademais, critica que os cambios da Consellaría de Educación “tamén teñen un

prexuízo importante para o alumnado” xa que “por unha banda, ve reducida a

súa posibilidade de horario e, por outra, o horario para o presente curso muda

inesperadamente agora ao inicio do curso logo de xa ter feito a matrícula

noutras ensinanzas ou de ter compromisos laborais ineludíbeis”.

Neste sentido, lembra que “as escolas de idiomas funcionan na práctica como

un complemento na formación que o alumnado debe encaixar na súa vida

cotiá laboral ou académica”.

Ante esta situación, a deputada do BNG pregúntalle á Consellaría de Educación

se cre que esta é unha forma de mellorar as ensinanzas dos idiomas en

Ourense, e demándalle que explique “cómo pensa compensar do prexuízo

causado ao alumnado afectado da EOI de Vigo”