Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- Los del PP gallego tienen filado al tal Pachi Vázquez que lidera el PSOE galaico. Después del show del tejado extensible en la casa-pazo del ourensano, llega la fuerte crítica a la política interna de los socialistas. ¿Quien dijo que perro no come carne de perro...?. Los ataques entre formaciones políticas son cada vez mayores. Antes la izquierda zorregaba a la derecha. Pero ahora esta... anda caliente de boca y ... lean lo que larga.
-----
"Os socialistas, con problemas para configurar os seus equipos provinciais: na Coruña existe unha división que só se pechará se aquel que menos opcións ten pacta co que vai por diante e, en Pontevedra, os socialistas vigueses seguen enfrontados sen disimulo ao secretario xeral
Os Congresos de Pontevedra e A Coruña marcan o inicio da descomposición interna do PSOE de Manuel Vázquez
• Na Coruña, Moreda enfrontarase a un alto cargo da dirección socialista que protagonizou un bochornoso capítulo ao zarandear a varios representantes de organizacións xuvenís con tal de lograr que a súa cuñada sucedese á súa noiva ao fronte do CXG
• Tras chegar ás mans nalgunha das últimas asambleas celebradas en Vigo, os representantes das diferentes faccións do socialismo olívico deixaron de enfrontarse entre si para enfrontarse directamente co secretario xeral, Manuel Vázquez
• Os candidatos promovidos polo líder da oposición teñen problemas para facerse co apoio das súas agrupacións porque o aval de Vázquez, lonxe de sumar opcións, réstaas
• Este PSOE está tan lonxe de ser alternativa de Goberno como Vázquez de ser o líder da oposición que Galicia necesita
Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2009.- A chegada dos congresos provinciais do PSOE empeza a aventurar a descomposición do principal partido da oposición. Tras perder o apoio dos galegos o 1 de marzo os socialistas apostaron por pechar os seus problemas poñendo a un líder temporal ao fronte da nave; un líder ao que boa parte do partido non lle recoñece as virtudes que debe ter un líder da oposición e que se rodeou dun equipo sobre o que se cernen problemas de diversa índole.
Tras aparecer os primeiros escándalos que salpican a figura de Vázquez (sobrecustos en pagos nas obras da sede de Sogama cando el era conselleiro, así como os capítulos referidos á súa evasión fiscal e á súa vulneración das leis urbanísticas no seu pazo de San Amaro), os problemas para a marca PSOE chegan agora en forma de congresos provinciais.
O PPdeG lembra que o proceso está enquistado na Coruña, onde o presidente da Deputación se enfrontará a un alto cargo da dirección socialista que protagonizou un bochornoso capítulo ao ameazar e zarandear a varios representantes de organizacións xuvenís con tal de lograr que a súa cuñada sucedese á súa noiva ao fronte do Consello da Xuventude Galega, e que é o deputado Lage Tuñas.
PONTEVEDRA, Á ESPERA DE SABER SE CHEGAN ÁS MANS
A situación en Pontevedra non é mellor. Tras chegar ás mans nalgunha das últimas asembleas celebradas en Vigo, os representantes das diferentes faccións do socialismo olívico deixaron de enfrontarse entre si para enfrontarse directamente co secretario xeral, Manuel Vázquez. Agora, ademais, os representantes do sector crítico ameazan con presentar unha lista alternativa á de Modesto Pose.
Os candidatos promovidos polo líder da oposición teñen problemas para facerse co apoio das súas agrupacións porque o aval de Vázquez, lonxe de sumar opcións, réstaas. De feito, as bases poden apuñalar ao secretario xeral do PSOE en Galicia nas costas dos homes aos que quixo e quere confiar o futuro do PSOE nesas provincias.
Só en Ourense, onde o servilismo cara Vázquez si está consolidado, e en Lugo, onde a renovación do PSOE chámase Ricardo Varela (ex número dous e moi tocado polo caso aberto polo escándalo da axente electoral), ten o patio tranquilo o secretario xeral do PSOE. En todo caso, os conflictivos congresos aos que se enfronta como responsable do partido, lonxe de marcar o despegamento da formación, supoñerán unha palada máis de terra sobre as aspiracións políticas deste PSOE.
As bases non respectan a Vázquez, os cargos medios tampouco o respectan, parte da súa Executiva mira ao seu líder con receo polos escándalos que lle salpican, e a outra parte desconfía dos nomeamentos feitos polo propio secretario xeral.
Por iso, o PPdeG considera que este PSOE está tan lonxe de ser alternativa de Goberno como Vázquez de ser o líder da oposición que Galicia necesita".