02 octubre 2009

Las anunciadas ayudas y premios a comerciantes ya son una realidad por parte de Deputación

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o deputado provincial, Carlos Silva, presentaron este serán as axudas a agrupacións de comerciantes para o ano 2009, que estarán destinadas a asociacións e federacións de comerciantes, centros comerciais abertos e urbanos, que beneficien a pequenos comerciantes e desenvolvan a súa actividade na provincia, e os Premios ó Pequeno Comercio, que este ano celebrarán a súa primeira edición.
Axudas ó comercio
Louzán explicou que se sentarán catro liñas de axudas, en función de catro conceptos: Innovación, que destinará 50.000 euros á promoción da introdución no traballo diario das novas tecnoloxías das asociacións e a implantación de sistemas de xestión electrónica. Promoción, que adicará 100.000 euros á realización de exposicións e feiras comerciais. Dinamización comercial, para promover o desenvolvemento de actividades de animación e atracción comercial. E Cooperación Comercial, para fomentar o asociacionismo comercial, fidelización e motivación dos asociados.
Gala Provincial do Pequeno Comercio
Por outra banda, Louzán anuncio tamén a convocatoria da I edición dos Premios Provinciais do Pequeno Comercio no marco da reunión anual “Encontros 2009” —que este ano se celebra en Mondariz-Balneario o día 12 de novembro—, co gallo de recoñecer a labor dos comerciantes que traballan por modernizar, promover, dinamizar e dar continuidade ó modelo de pequeno comercio.
Establécense os seguintes premios provinciais para: Concellos, cunha contía de 6.000 euros, Asociacións de Comerciantes, Centros Comerciais Abertos e Centros Comerciais Urbanos, cunha achega de 3.000 euros e accésit de 2.500. Innovación no pequeno comercio, con 3.000 euros. Comercio tradicional, dotado con 3.000 euros e á Muller emprendedora, con outros 3.000 euros.
Louzán salientou que “o comercio é un dos sectores de maior emprego na provincia e ten incidencia directa en sectores clave como o turismo e o desenvolvemento urbano das cidades. Supón un 50% das actividades económicas da provincia e é o segundo máis importante de Galicia, trala construción”.
Apuntou, por último, que “o mellor xeito de apoiar ó Comercio é reactivar a economía: por iso, a Deputación axuda ó comercio e conta có comercio minorista para definir e priorizar as actuacións do seu vixente Plan Director do Comercio”.