06 octubre 2009

La Fegamp pide a la Xunta que suelte más dineros para los Concellos

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A Comisión Executiva da Fegamp, presidida por Carlos Fernández, reuniuse este mediodía en Santiago para abordar, entre outros asuntos, a participación dos entes locais no Fondo de Cooperación Local autonómico, ao rematar este ano o período de vixencia dos criterios de reparto do FCL e o procedemento de xestión da participación nos Ingresos da Comunidade Autónoma (PICA) derivados da sinatura do Pacto Local.

Entre as premisas da negociación das que parte a Fegamp, aprovadas hoxe por unanimidade, atópase a esixencia de que o Fondo de Cooperación Local para 2010 deberá manter as mesmas contías consolidadas que tivo no ano 2009 sen ningún tipo de minoración.

Con esto preténdese evitar consecuencias negativas para os concellos pola merma nos ingresos autonómicos.

Así mesmo, o municipalismo demanda a creación dun fondo de carácter especial para investimento en 2010 que constitúa un auténtico plan de choque polo emprego e de reactivación da economía.

Outro obxectivo da Fegamp é incrementar as contías non finalistas e simplificar as tramitacións administrativas, polo que insisten na necesidade de que as pequenas partidas que os concellos perciben en concepto de axudas e subvencións pasen a formar parte da contía a percibir do FCL.

De resultas do Pacto Local creouse un Fondo Complementario de 6 millóns de Euros anuais durante o período 2006-2009 que permitiu darlle estabilidade á cantidade percibida no FCL.

Para a Fegamp este incremento de 6 millóns de Euros anuais como Fondo Complementario debe ser conservado e seguir a evolución que seguía nos anos anteriores como garantía da correcta prestación de servizos.