Parlamento Galego, Ana Pontón, ven de presentar unha iniciativa que se
debaterá no Pleno da Cámara Galega na que lle demanda á Xunta de Galiza
que “dea cumprimento ás medidas e orzamentos recollidos no Plan Galego das
Artes Escénicas” aprobado na anterior lexislatura polo Goberno Bipartito.
Ana Pontón considera que o anuncio feito onte polo director de AGADIC de que
modificará o Plan Galego das Artes Escénicas “a parte de non concretar a
reforma, moito nos tememos de que implicará un recorte nas aportacións da
Xunta de Galiza ao teatro galego”.
Neste sentido, a deputada do BNG denuncia que “a única xustificación para
revisar o plan é o revanchismo do Goberno do PP coa anterior Consellaría de
Cultura”.
Por último, asegura que a reforma anunciada por Juan Carlos Fasero “é un
paso atrás e unha falta de respeto cara o teatro galego, xa que o Plan Galego
das Artes Escénicas foi a culminación dun proceso de diálogo, debate e
consenso entre a administracion e representantes do teatro galego”