VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Asociación de Minusválidos Físicos de Vigo (AMFIV) acadou o Premio Carmen Ferro 2008 convocado pola Deputación na modalidade de proxectos de inserción social polo seu traballo “integración polo deporte”. A contía deste galardón ascende a unha contía de 4.500 euros.
Así mesmo, a Asociación Juan XXIII de Pontevedra acadou o primeiro Premio Carmen Ferro na modalidade de inserción laboral polo traballo “ensinando a convivir, axudamos a traballar”. Neste caso, a dotación económica ascende a 7.500 euros.
Finalmente, a Asociación BATA para o tratamento do autismo de Vilanova de Arousa acadou o segundo Premio Carmen Ferro na modalidade de inserción laboral cunha dotación económica de 6.000 euros. Neste caso polo traballo “brigadas forestais”.
O deputado José Manuel Figueroa fixo pública hoxe a acta do xurado tras ser aprobada por parte da Xunta de Goberno. Os premios están dotados con 18.000 euros que son distribuídos en tres premios nas seguintes modalidades: dous premios para proxectos de inserción laboral (primeiro premio: 7.500 euros e segundo premio: 6.000 euros) e un premio para proxectos de inserción social normalizada (4.500 euros).
Acto de entrega o 3 de decembro
O xurado estivo composto por Teresa Pedrosa que actuou como presidenta e polos vocais José Juan Durán, deputado provincial do Partido Popular; Rafael Lores Rosal deputado provincial do Grupo Socialista e María Xosé Méndez; deputada do Bloque Nacionalista Galego. Actuou como secretaria a xefa do Servizo de Acción Social, Marta Corrochano.
A entrega de premios farase coincidir co Día Internacional das Persoas con Discapacidade que se celebra o día 3 de decembro.