19 noviembre 2008

DEPUTACIÓN E CONCELLO DE PONTECESURES INVISTEN 238.957 EUROS NA DOTACIÓN DE ALUMEADO ÁS ESTRADAS PROVINCIAIS QUE PERCORREN O MUNICIPIO

PONTECESURES / PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Xunta de Goberno da Deputación aprobou hoxe a sinatura dun convenio de colaboración co Concello de Pontecesures para a dotación de alumeado ás estradas provinciais que transcorren polo municipio.
O investimento previsto ascende a 238.957,26 euros dos cales a entidade provincial asumirá 215.061,53 euros e a administración local de Pontecesures os restantes 23.895,73 euros.
A Deputación asumirá, ademais, a licitación, dirección, exección e recepción das obras contempladas no proxecto técnico. Pola súa banda, o Concello de Pontecesures será o responsable de poñer a disposición da entidade provincial os terreos necesarios para poder levar a cabo as obras.
Así mesmo, o Concello deberá obter a correspondente licenza municipal e tramitar as autorizacións pertinentes ante outros organismos.