VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A Deputación de Pontevedra, reunida hoxe en Xunta de Goberno, resolveu aprobar a adxudicación provisional, mediante procedemento aberto, da elaboración dun sistema de xestión cartográfica de infraestruturas, recursos e información socioeconómica para a provincia de Pontevedra a partir da enquisa de infraestruturas, cun orzamento de 118.000 euros, á empresa Signo Sistemas de Información Xeográfica e Cartográfica Dixital, S.L., polo prezo total de 106.082 euros.
A empresa proposta, visto o informe do responsable técnico do proxecto CIDIR-EIEL valorando as distintas ofertas presentadas e admitidas, obtivo a maior puntuación segundo os criterios de adxudicación establecidos no prego de condicións e cumprir con todos os requisitos esixidos no procedemento.