VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Deputación de Pontevedra suscribeu un convenio de colaboración coa Asociación Galega San Francisco a través do cal lle concede 18.000 euros para equipamento e adaptación parcial dos seus centros asistenciais imposta pola normativa vixente.
Na actualidade, a Asociación Galega “San Francisco” atende, dende 1967, a 277 persoas con discapacidade intelectual pertencentes a 33 concellos da nosa provincia a través do Centro Residencial para Adultos, do Centro Asistencial para Xóvenes e do Centro Ocupacional “San Francisco”.