MADRID (MORRAZO-tribuna).- "A diversidade lingüística de España é un valor incalculable do que todos deberiamos sentirnos orgullosos". Con estas palabras, a secretaria xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Marisol López, defendeu hoxe o valor das linguas cooficiais como un patrimonio de todo o Estado. Con motivo da inauguración en Madrid da exposición "As nosas palabras, os nosos mundos", a responsable galega de Política Lingüística ofreceu un almorzo informativo para explicar os contidos e as mesaxes da mostra.
Marisol López realizou unha defensa do plurilingüismo como un valor positivo que facilita o diálogo, o respecto, a comprensión e a integración social. Neste sentido, sinalou que a promoción e o respecto pola diversidade lingüística é un dos retos que se formulan na sociedade actual, e que debe ser afrontado "con vontade de diálogo, capacidade de comprensión e un marco de traballo e acordo".
A secretaria xeral explicou que en Galicia, "a sociedade demanda consenso porque non percibe o plurilingüismo como un problema", unha fotografía social que avalan os datos de uso e competencia lingüística en galego: máis do 99 por cento da poboación entende o galego e máis do 87 por cento fálao sempre ou con frecuencia.
Fronte ao discurso que presenta as linguas como un problema social, Marisol López asegurou que en Galicia non se impón o galego nin se percibe socialmente un conflito, e apostou por traballar en positivo e con normalidade para alcanzar unha maior igualdade social entre as linguas cooficiais.
Neste sentido, explicou que a Xunta de Galicia traballa para garantir un ensino de calidade, que facilite o dominio das dúas linguas oficiais e doutras, e lembrou que “o decreto de promoción do galego no ensino, actualmente en vigor, foi acordado por todos os grupos políticos e inspirado no Plan xeral de normalización da lingua galega”, polo que dixo non entender a que obedece a ruptura dese consenso por parte do PP.