06 noviembre 2008

A DEPUTACIÓN DESCUBRE RESTOS DUN ASENTAMENTO CASTREXO DA IDADE DE FERRO Ó EFECTUAR OBRAS DE URBANIZACIÓN NA ESTRADA CERDEDO-QUIREZA


PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Deputación de Pontevedra descubreu restos dun asentamento castrexo do século I antes de Cristo no lugar de Os Castros, en Cerdedo, cando se realizaron prospeccións arqueolóxicas con motivo das obras de mellora e urbanización dos núcleos de Os Castros, Fondós e Bugarín, na estrada Cerdedo-Quireza, nas que a institución provincial inviste 522.693 euros.
Nos seis sondeos arqueolóxicos que os técnicos da Deputación efectuaron na zona atopouse unha cabana da Idade de Ferro en Os Castros, con seis metros de diámetro, que foi destruida previsiblemente por un incendio. Esta hipótese cobra certeza polo gran nivel de queimado esistente, os restos de carbón e madeira, etc..
O achádego arqueolóxico pertence, según os técnicos, á Idade de Ferro, entre os séculos I antes de Cristo e I despois de Cristo, e está ubicado nun lugar próximo ó Castro de Abaixo e á Roda do Castro, no concello de Cerdedo.
Os arqueólogos provinciais informaron a Patrimonio do achádego e agora estudian si hai unha estructura asociada á cabana para preservar o conxunto.
As obras de urbanización en Os Castros, Fondós e Bugarin foron adxudicadas pola Deputación á empresa Sercoysa en 522.693 euros. Os traballos desenvolvense nun tramo de 140 metros en Bugarin, 576 en Fondós e 598 metros en Os Castros para dotalos de alumeados, beirarrúas, etc.
Na actualidade, a estrada tén unha anchura entre 4 e 5,5 metros. O proxecto que está a desenvolverse prevé, en tramos de construcción consolidadas, a dotación de dous carrís de 3 metros en ambos sentidos, fronte ós actuais de 2 metros. Nos tramos non consolidados polas edificacións, ampliaránse as beirarrúas a 1,80 metros, dotaránse dous carrís de 3,50 metros e tamén unha banda de aparcadoiros de 2 metros.