06 noviembre 2008

Accidente na estrada de Marin

MARIN/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O Servizo de Urxencias Sanitarias 061-Galicia atendeu un total de sete accidentes de tráfico e outras 168 urxencias entre as 00:00 horas e as 14:00 horas de hoxe. Ademais das actuacións de accidentes de tráfico, o 061-Galicia acudiu a 168 chamadas de urxencias que mobilizaron recursos, e rexistrou 351 consultas telefónicas. O máis salientable:
-Ás 8:50 a Central de Coordinación de Chamadas do 061-Galicia recibiu un aviso dun accidente de tráfico no concello de SANTIAGO, na rotonda de Conxo. Para atender a vítima, Urxencias Sanitarias de Galicia mobilizou unha ambulancia medicalizada, que logo dunha primeira valoración e asistencia se trasladou a unha muller de 40 anos, M.J.C.R, cun traumatismo cervical ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago Compostela.
-Ás 010:17 a Central de Coordinación de Chamadas do 061-Galicia recibiu un aviso dun accidente de tráfico no concello de PONTEVEDRA, na estrada de Marín. Para atender a vítima, Urxencias Sanitarias de Galicia mobilizou unha ambulancia asistencial, que logo dunha primeira valoración e asistencia se trasladou a unha muller de 54 anos, M.C.C.A., consciente ao Complexo Hospitalario de Pontevedra.