20 noviembre 2008

DEPUTACIÓN DESTINA 25.000 EUROS PARA AS OBRAS DE CONSERVACIÓN DO ENTORNO DA IGREXA DE S. PEDRO DE CELA

PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A parroquia S. Pedro de Cela contará con 25.000 euros da Deputación de Pontevedra para as obras de recuperación e conservación do entorno da igrexa parroquial. Unha igrexa á que asisten moitos veciños e que é complicado acceder, sobre todo para as persoas maiores.
As obras se centrarán en mellorar a soleira, as escaleiras de acceso e a delimitación da zona cun muro ós efectos de que poida seguir cumprindo coa súa función social.
A Deputación de Pontevedra ven apoiando este tipo de iniciativas conducentes á conservación, restauración e rehabilitación do patrimonio histórico da provincia.