TUI (MORRAZO-tribuna).- A Deputación, dentro do seu plan de renovación das instalacións de ocio, recreo e deporte para os nenos nos concellos da provincia, concedeu ó Concello de Tui un parque infantil tipo grande, adaptado ás diferentes idades e a persoas discapacitadas, que irá situado no Parque do Penedo.
O novo parque infantil de Tui será para nenos de 3 a 14 anos e conta cunha zona multixogo, un columpio dobre e tres xogos de muelles. Dispón dunha base de caucho e está adaptado á normativa europea.
O parque acada un coste total de 24.500 euros e o concello só deberá aportar o 10%, 2.450 euros. Asemesmo terá que poñer a disposición da Deputación o terreo necesario, debidamente preparado e acondicionado, onde a empresa adxudicataria instalará o parque infantil e obter a correspondente licenza municipal, se fora precisa, e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes.
A Deputación destinou 6 millóns de euros á instalación de áreas de xogo infantís nos concellos da provincia entre os anos 2006 e 2008. As obras foron executadas pola empresa Contenur España.
A Deputación concedeu os seguintes parques infantís: ata nenos de 5 anos, 93; áreas infantís tipo grande, 89 e áreas deportivas 53.