05 noviembre 2008

DEPUTACIÓN DOTARÁ DE EQUIPAMENTO AUDIOVISUAL A SALA DE CONFERENCIAS DO MUSEO

PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Deputación de Pontevedra, reunida hoxe en Xunta de Goberno, resolveu aprobar a contratación para adxudicar, mediante procedemento aberto, o equipamento audiovisual para a sala de conferencias do Museo de Pontevedra, valorado na cantidade total de 230.956 euros.
Logo da finalización das obras do museo, e existindo a necesidade de dotar á sala dun sistema audiovisual adecuado para poder realizar unha diversificación dos seus usos e poñelo á disposición dos cidadáns, o organismo provincial iniciou o pertinente expediente de contratación para a adquisición do equipamento preciso.
Este equipo componse dun sistema de audio conformado por dispositivos de audio principal, altofalantes para a sala, caixón de subgraves, monitores de escenario, control de cabina, procesador de audio, mesa de mesturas dixital, ecualizador gráfico, monitor autoamplicado, auriculares, grabador dixital audio, microfonía, micrófono vocal dinámico, micrófono de usos varios, micrófono inalámbrico e combinador de antena.
Tradución simultánea
Tamén estará dotado dun sistema de conferencias e tradución, que inclúe unidade central do sistema de conferencias, unidade de debate de sistema de conferencias, transmisor sistema de tradución simultánea, radiador de tradución inalámbrico, receptores de tradución simultánea, unidades de carga e software de control.
O sistema de vídeo, pola súa banda, ven equipado con cámara multipropósito, dvd gravador, escalador, matriz de vídeo, matriz RGBHV, distribuidor-amplificador, monitor de control técnico, monitor TFT, pantalla de proxección e videoproxector.
Por último, o equipamento co que se dotará a sala de conferencias do Museo de Pontevedra inclúe tamén sistemas de videoconferencia, control (procesador principal e pantalla táctil) e iluminación.