VIGO (MORRAZO-tribuna).- A Deputación destinará este ano 352.200 euros ó financiamento de 45 conservatorios e escolas de música públicas e dependentes de asociacións de toda a provincia. Na comarca de Vigo, a institución financiará o funcionamento de sete entidades musicais a través dunha achega económica de 41.073 euros.
Son, concretamente, a Asociación Musical Artística de Arcade e as Asociacións da Banda Escola de Música de Beade; da Sociedade Cultural e Deportiva Atlántida de Matamá; Unión Musical de Coruxo; e aUnión Musical de Valladares.
Así mesmo, a Deputación financiará a actividade das escolas de música públicas de Fornelos de Montes, Redondela, e do Concello de Vigo. Finalmente, a Deputación tamén destinará unha contía económica ó financiamento do conservatorio de música de Redondela.
Mos e Porriño
Na comarca da Louriña, a Deputación financiará con 10.340 euros a actividade da escola de música pública de Porriño e os gastos de funcionamento do Centro Recreativo e Cultural de Torroso en Mos.
A Deputación de Pontevedra é consciente da crecente demanda que se está a producir na provincia no que atinxe á ensinanza musical, así como da importante tradición que ten esta disciplina na súa área de actuación.
Por este motivo o organismo estableceu o presente exercicio unha liña de axudas dirixida a escolas de música públicas para o que habilitou unha partida de 150.000 euros, e para escolas dependentes de entidades sen ánimo de lucro, unha dotación de 50.000 euros. Así mesmo, estableceu subvencións por valor de 152.200 euros para Conservatorios públicos da provincia. Insto supón un investimento total 352.200 euros.