20 noviembre 2008

A DEPUTACIÓN FINANCIA CON 26.628 EUROS A ACTIVIDADE DE CATRO ENTIDADES MUSICAIS DO MORRAZO

CANGAS /PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Deputación destinará este ano 352.200 euros ó financiamento de 45 conservatorios e escolas de música públicas e dependentes de asociacións de toda a provincia.
Na comarca do Morrazo, a institución financiará o funcionamento de catro entidades musicais a través dunha achega económica de 26.628 euros.
Son, concretamente, as escolas de música públicas de Cangas, Marín, e Moaña e o conservatorio de Cangas.
A Deputación de Pontevedra é consciente da crecente demanda que se está a producir na provincia no que atinxe á ensinanza musical, así como da importante tradición que ten esta disciplina na súa área de actuación.
Por este motivo o organismo estableceu o presente exercicio unha liña de axudas dirixida a escolas de música públicas para o que habilitou unha partida de 150.000 euros, e para escolas dependentes de entidades sen ánimo de lucro, unha dotación de 50.000 euros. Así mesmo, estableceu subvencións por valor de 152.200 euros para Conservatorios públicos da provincia. Insto supón un investimento total 352.200 euros.