COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna).- A directora xeral de Xustiza, Begoña Santos Fernández, asegurou que a comarcalización dos xulgados de violencia de xénero foi considerada como a solución “idónea” polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) cando, tal e como ocorre en Galicia, os módulos de entrada establecidos polo Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) non son suficientes para crear xulgados de violencia de muller exclusivos. A directora fixo estas declaracións esta mañá en resposta a unha pregunta parlamentaria sobre a comarcalización dos xulgados de violencia sobre a muller e a creación de novas unidades.
“Esperamos que esta idea poida ser finalmente unha realidade”, declarou Santos, que tamén aproveitou para remarcar que o proxecto do Ministerio “non é máis que iso, un proxecto” e que, en todo caso, aínda está “pendente de aprobarse” cales serán os xulgados susceptibles de comarcalización en materia de violencia sobre a muller.
Segundo a directora xeral a proposta do Goberno de Galicia, remitida no seu día ao Ministerio de Xustiza, foi a creación de xulgados exclusivos de violencia sobre a muller nas cidades de Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago de Compostela, ao xa existir na Coruña e Vigo xulgados exclusivos neste eido.
Comisión Mixta
Doutra banda, a directora comentou que na Comisión Mixta do pasado mes, na que se decidiron as unidades xudiciais que se crearán no 2009, consideráronse como “prioritarias” a creación de xulgados de primeira instancia en Vigo, Lugo e Ferrol, un novo xulgado do mercantil e do social na Coruña, un xulgado mixto en Tui, así como afrontar as necesidades de maxistrados no TSXG coa creación de dúas prazas máis na Sala do Contencioso-Administrativo e unha praza máis na Sala do Social. Neste sentido recordou que a Memoria do TSXG falaba da necesidade de 32 xulgados, pero que ningún deles era de violencia de xénero, de aí a inminencia da creación dos xulgados que se determinaron, coa fin de administrar racionalmente os “escasos recursos” públicos para “solucionar os graves problemas da Xustiza”.