19 noviembre 2008

A TERMINACIÓN DAS OBRAS DE MELLORA DA E.P. 3302 TABAGÓN-O ROSAL AFECTARÁ A 155 METROS CADRADOS DE SUPERFICIE OCUPADA DE CINCO PROPIETARIOS

O ROSAL (MORRAZO-tribuna).- A Deputación de Pontevedra fixo público hoxe no Boletín Oficial da Provincia o proxecto e o expediente de expropiación correspondente á terminación das obras de mellora e dotación de servizos da estrada provincial 3302 que une Tabagón e O Rosal.
Dentro das propiedades afectadas por estas obras atópanse 155 metros cadrados de superficie ocupada, 25 metros cadrados de muro de bloques, 68,4 metros cadrados de malla metálica, 25 unidades de cepa, 8 unidades de froiteiros, 6 unidades de postes de pedra e 1 cancela de ferro, correspondentes a catro propietarios do Rosal e un da Guarda.
Estas actuacións servirán para mellorar o pavimento do citado viario e dotar ó mesmo de servizos básicos como a rede de sumidoiros, rede de abastecemento, alumeado público, rede de media e baixa tensión ou a construción de beirarrúas, actuación que mellorará a seguridade dos peóns, que ata o de agora vían perigar a súa integridade física ó invadir parte da zona de circulación cando tiñan que transitar por este tramo.