CANGAS (MORRAZO-tribuna).- Os vindeiros mércores 26 de novembro e mércores 3 de decembro ás 20:30 horas, terá lugar na sede da Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo – FECIMO, a impartición de sendas xornadas, dirixidas a todos os asociados que queiran participar, nas que se informará da aplicación da lei 31/1995 ou Lei de Prevención de Riscos Laborais.
Esta Lei é de obrigado cumprimento dende a súa entrada en vigor, e leva consigo unha serie de
requisitos, dereitos e deberes tanto para empresarios como para traballadores.
Co fin de dilucidar cal é o ámbito de aplicación da Lei, e como afecta a cada un dos compoñentes dunha empresa, é polo que se fai imprescindible a impartición destas xornadas informativas, xa que o descoñecemento da Lei non exime do seu cumprimento.
Os asistentes ás xornadas poderán resolver as súas dúbidas no tocante á Prevención de Riscos Laborais, por exemplo, darase resposta a preguntas como:
• Son obrigatorios os recoñecementos médicos?
• É necesario realizar un plan de prevención?, en que casos?
• Como afecta a Lei aos autónomos?
• A Lei aplícase ao pequeno comercio?
• Quen é o encargado de facilitar as EPI’S?
• Cales son as sancións e/ou penas por non cumprir a normativa legal en vigor?
• Etc...

Os poñentes das xornadas serán representantes da empresa Climelab.
Trátase dun recoñecido Servizo de Prevención Alleo acreditado pola Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia nas catro disciplinas preventivas (seguridade no traballo, hixiene industrial, ergonomía e psicosocioloxía aplicada e mediciña no traballo), co que Fecimo ten firmado un convenio de colaboración nesta materia a través do cal os asociados á Federación poderán adaptarse á normativa legal en vigor, cunhas condicións económicas moi vantaxosas, e un aforro de custos, respecto a outras ofertas en materia de prevención.