VIGO/MADRID (MORRAZO-tribuna).- A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, solicitou esta mañá a comparecencia na Cámara Baixa do Ministro de Industria, Miguel Sebastián, para que explique a situación de crise pola que atravesa o sector automovilístico, de maneira específica o que acontece coa factoría de PSA Peugeot Citröen en Vigo.
Davila quer que Miguel Sebastián informe en sede parlamentar que perspectivas de futuro existen para este sector, e que actuacións e xestións vai desenvolver o Goberno respeito aos graves problemas que afectan a un sector que dá traballo a miles de persoas.
Que pasa con Citröen?
En relación ao anuncio de Citröen en Vigo de suprimir 800 postos de traballo eventuais do turno de noite, a parlamentar do BNG manifestou “a súa sorpresa por este anuncio, sobre todo, porque dos días antes, nunha das xuntas do sector, a dirección desta empresa daba por zanxada a crise coa non renovación duns 200 contratos eventuais. Pero esa cifra se multiplicou por catro apenas dous días máis tarde”
Davila considera que o Ministro do ramo debe dar conta do que está a suceder co sector do automóvil no Estado español a fin de coñecer o alcance da crise e as actuacións a emprender.