19 noviembre 2008

Monserrat Prado explica aos comerciantes o proxecto "mercadogalego.eu"

PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- Será este mércores, aquí, en Pontevedra, no Café Moderno, Fundación Caixa Galicia, na Praza San Xosé, desde as 20,30 horas.
A delegada da Consellaría de Innovación e Industria na provincia de Pontevedra, Monserrat Prado, manterá un encontro co tecido comercial da comarca de Pontevedra e outras zonas da provincia no que se dará a coñecer o proxecto “Mercadogalego.eu”, unha aposta pola introdución das novas tecnoloxías e a modernización do sector que consiste nunha plataforma de venda en liña coa que se porá a disposición do pequeno comercio unha nova canle de comercialización dos seus produtos a través de Internet.