06 noviembre 2008

Intenso fin de semana en el Centro Cultural e Veciñal de Valladares (VIGO)

GRAN MAGOSTO
8 de novembro de 2.008, sábado, ás 21.00 h.
LUGAR:
Centro Cultural de Valladares (Cafetería)
Coa participación das
Agrupacións
Músico-folclóricas
do C.C.V. de Valladares.
Castañas gratis
Entrada libre.
-------
9º CERTAME DE HUMOR
Día 9, ás 18.30 horas
Unha actuación moi especial, a cargo de
SAN & SAN Teatro
(coñecidos polas súas intervencións no programa “LUAR”, da TVG)
Van representar a Obra “CONCERTO BÍFIDO” (espectáculo de mimo)
PEPO SUEVOS
(intérprete nas series máis sonadas da TVG: “Mareas vivas”, “Terra de Miranda”,
“O show dos Tonechos,…Será a súa 2ª intervención neste Certame)
-Entrada Libre-Co patrocinio da Concellería de Festas e Animación Sociocultural
Máis información, na Secretaría do C. V. C. de Valladares - en horario de oficina-
ou chamando ó nº de tfno. 986.467053 .
Documentación :
SAN & SAN”CONCERTO BÍFIDO”
Obra gañadora do Festival Internacional de Clown (Festiclown 2006), é un espectáculo cómico a base de sketches sobre o mundo da música clásica que respeita os pentagramas do humor xestual, o clown e a fantasía do teatro do absurdo . San & San teñen a importante tarefa de presentar ante o público a prestixiosa orquestra sin-fónica de fritzburgo nun grandioso concerto dirixido polo mítico compositor Herbert von Hussen. Pero todo comeza a sair mal cando se decatan de que debido a un erro organizativo, a tal orquestra e o tal director nunca virán, e o público comeza a impacientarse. A partires daquí, San & San terán que salvar a situación como sexa , valéndose do seu inxenio ou torpeza , para levar adiante o peculiar concerto segundo o programa oficial estipulado.
Pepo Suevos
José López-Suevos Otero Ferrol 1971
Actor que empezou no mundo da interpretación nun obradoiro de “contacontos” impartido polo arxentino José Campanari. Desde entón ten interpretado papeis nas series máis sonadas da TVG e en telefilmes como “Chapapote... o no” (dir. Ferrán Llagostera 2005) ou “El impostor” (dir. Ricard Figueras 2006). Tamén actuou en 2007 na serie de Antena 3 "Quart", baixo dirección de Joaquín Llamas para Zeppelin TV.