06 noviembre 2008

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ADXUDICA A REDACCIÓN DO PLAN ESTRATÉXICO DE MODERNIZACIÓN DE ESTRADAS PROVINCIAIS

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Deputación de Pontevedra adxudicou hoxe o concurso para a redacción do Plan Estratéxico de Modernización de estradas provinciais á UTE Iceasa-Proyfe en 223.000 euros. O Plan tén como obxectivo establecer un marco de movilidade da provincia para o periodo 2008-2018.
O contido do Plan será definir os criterios aplicables á programación, proxecto, construcción, conservación e explotación das estradas provinciais; identificar a situación de movilidade na provincia tendo en conta a todas as infraestructuras existentes con independencia da súa titularidade; e definir as necesidades en función das previsións de crecimento e desenvolvemento (necesidades por falta de capacidade; de ordeación do territorio; de seguridad vial; ou para optimizar a movilidade).
O Plan planificará tamén as actuacións que se acometerán no periodo 2008-2018 concretadas nos seguintes programas: programa da rede estructurante; de acceso a zonas turísticas, industriais, etc; da rede que da acceso a núcleos e zonas residenciais; programa de conservación da rede; de sinalización informativa e turística, con especial atención ó turismo rural; e plans de balizamiento e de mellora de firme e drenaxe.
A redacción do Plan Estratéxico de Estradas recollerá tamén un programa de seguridade vial que inclúa un plan de travesías e outro de sendas peatonais, así como unha proposta de racionalizar a rede a través dos cambios de titularidade que se consideren precisos. O documento marco de desenvolvemento das actuacións de infraestructura viaria provincial estará concluido no primeiro trimestre do ano 2009 para, a continuación, realizar a correspondente tramitación ambiental.