MADRID (MORRAZO-tribuna).- O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, afirmou este mediodía que en “cada xunta da Subcomisión da LOREX temos máis dúbidas de que o PSOE teña vontade real de reformar con carácter de urxencia o voto emigrante”.
O deputado do BNG fixo estas declaracións aos medios nos corredores do Congreso unha vez finalizada a sesión da Subcomisión de reforma da lei eleitoral na que se abordaba especificamente a cuestión plantexada polo BNG de tratar en primeira instancia e de con carácter urxente a reforma do voto dos residentes ausentes.
A proposta do PSOE é un xarro de auga fría
Jorquera sinalou que o “PSOE xoga a confundir” en alusión á nova proposta que trasladou aos membros deste órgao encargado de analizar a modificación da lei eleitoral.
Explicou o portavoz nacionalista que a alternativa plantexada polo grupo socialista consiste en que se poida votar urna en Consulados e Embaixadas con presenza de interventores dos distintos partidos, para despois introducir os sobres de votación en valixas diplomáticas, precintadas en presenza dos interventores, para que o seu reconto se efectúe nas Xuntas Eleitorais do Estado español. “Máis o chamativo é que ao tempo propón que o voto por correo fique como está, é dicer, sen introducir cambios que eviten a suplantación da identidade dos votantes e remitindoo de oficio a todos os eleitores inscritos no CERA”.
Deste xeito, puntualiza Jorquera, “o voto en urna converteríase nunha anécdota, en vez de ser o procedemento preferente de voto, contemplado só o exercicio do voto por correo en circunstancias excepcionais, cando o eleitoral non poda acudir a votar presencialmente”.
Non se alteraría na práctica nada do sistema actual, estabeleceríase o voto en urna só para dar “satisfacción individual” aos eleitores que queiran votar nunha mesa eleitoral, en vez de atacar o fondo do problema. “O procedemento actual de votación facilita todo tipo de manipulacións e para evitalas é preciso que o voto en urna sexa a norma, non, como propón o PSOE, a excepción”, engade o deputado do BNG.
O deputado do BNG considerou que as comparecencias de onte pola tarde do Secretario Xeral de Asuntos Consulares e Migratorios do Ministerios de Asuntos Exteriores, e do Director Xeral de Política Interior do Ministerio de Interior, “non tiñan outra función que proporcionar coartadas ao PSOE para se alegar as coñecidas dificultades técnicas”. Neste sentido, Jorquera opina que a democracia non ten que estar ao servizo da técnica senón a técnica ao servizo da democracia”, e por tanto para salvargardar a limpeza dos procesos eleitorais é preciso pór os meios técnicos que o fagan posíbel.
O deputado nacionalista afirmou que “cremos que non houbo avanzos reseñábeis” e emprazou ao partido no Goberno a modificar a súa alternativa e a rectificar a fin de que a reforma do voto emigrante sexa unha realidade.