20 noviembre 2008

Mulleres de Palabra, este luns, na Guarda

A GUARDA (MORRAZO-tribuna).- O luns 24 de novembro as 20:30 horas, con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero terá lugar no Centro Cultural da Guarda a representación Mulleres de Palabra; sesión de contos para adultos no que a palabra se fai ollada cara ao fondo das relacións humanas: fábulas desas mulleres, posibles e imposibles que inventan día a día os ritos máis fantásticos de vida e convivencia, para as que a felicidade, lonxe de se definir como a simple satisfacción do que se desexa, muda nun baúl misterioso que endexamáis se remata de abrir.
A narración dos relatos sobre estas mulleres correrá a cargo da contadora de contos Charo Pita
Actividade organizada polo CIM da Guarda e coa colaboración do Concello da Guarda e coa Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar. Secretaría Xeral de Igualdade.