MADRID (MORRAZO-tribuna).- A ministra de Educación, Política Social e Deporte, Mercedes Cabrera, e o vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana, reuníronse hoxe en Madrid para abordar diversos aspectos relacionados cos servizos sociais e a Lei de Dependencia.
No encontro, Cabrera e Quintana comprometéronse a reforzar o seu compromiso de aplicar eficazmente en Galiza a Lei de Dependencia.
Así, o Goberno e a Xunta recoñecen que o proceso de aplicación da Lei de Dependencia presenta en Galiza características específicas que posúen unha incidencia directa sobre o custe e a tipoloxía de recursos que conforman o groso do Catálogo de prestacións recoñecidas ás persoas dependentes.
Estímase que a finais de 2008, 20.000 persoas recibirán as prestacións, cifra que se elevará a máis de 35.000 no ano 2009.
O Goberno garantiu á Xunta de Galicia, de acordo ao ritmo de aplicación da lei nesta comunidade, o financiamento necesario para facer fronte á parte de cofinanciamento estatal dos servizos e prestacións durante os exercicios de 2008 e 2009, o que se estima en 20 millóns de euros máis este ano e 80 millóns o vindeiro.
Así mesmo, o Goberno e as Comunidades Autónomas analizarán tamén no Consello Territorial da Dependencia, a través dun grupo de traballo que xa ten sido constituído, os custes, o financiamento e os criterios de reparto do marco de cooperación interadministrativa do Sistema para a Autonomía e a Atención á Dependencia.