19 noviembre 2008

O 19-N do Presidente Touriño

TOURIÑO AVANZA QUE NO 2009 A COMUNIDADE GALEGA DISPORÁ DE 2.000 MILLÓNS DE EUROS PARA APOIAR PROXECTOS DE INVESTIMENTO EMPRESARIAL POR UN VALOR DE 3.100 MILLÓNS
§ Así o sinalou o titular da Xunta que, xunto co presidente do Instituto de Crédito Oficial e o conselleiro de Economía, compareceron ante os medios con motivo da xornada Medidas de apoio financeiro ás empresas galegas
§ Salienta o cambio de modelo, pasando dunha política “primordialmente de subvención” a unha política “proactiva”, de reactivación económica, de apoio e acompañamento ás empresas para afrontar a situación de crise
§ Subliña que “co apoio e compromiso activo” do ICO e outros mecanismos de financiamento se logrará o obxectivo de que “ningún proxecto de investimento viable na comunidade” quede sen poñerse en marcha
§ Destaca que xa se levan mobilizado axudas que superan os 570 millóns de euros para proxectos empresariais cun investimento superior aos 1.500 millóns
§ Indica que as medidas de apoio ás pemes publicadas no DOG o pasado 5 de novembro están “plenamente operativas” xa que hai “algo máis de 140 proxectos empresariais que xa se están examinando”
§ Salienta que se ten “comprometido e tomado a iniciativa” para pór en marcha un plan que lle permita ao sector do automóbil “afrontar o 2009 en condicións razoables de futuro”
§ Remarca que “somos os primeiros en financiar co ICO, os primeiros co BEI e fomos a primeira comunidade de España en ofrecer axudas ás pemes, antes que ningún outro goberno”